Nome da Empresa * *
Web da Empresa
Enderezo postal * *
Poboación
Persoa de contacto * *
Posto / cargo * *
Nº de teléfono * *
Email * *
A Empresa * *
Declara o seu compromiso para implementar e revisar todas aquelas medidas que sexan necesarias para lograr un espazo de traballo libre de violencia de xénero; e para o establecemento e desenvolvemento de políticas que integren a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes, sen discriminar directa ou indirectamente por razón de sexo, así como no impulso e fomento de medidas para conseguir a igualdade real no seo da nosa organización, establecendo a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, de acordo coa Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva entre mulleres e homes.
A empresa decide unirse á campaña “en negro contra as violencias” e asume os seguintes compromisos:
Participar nas accións de difusión e loita contra a violencia de xénero.
Empregar os materiais identificadores da campaña en lugar visible e representativo da organización.
Manifestar o seu rexeitamento a toda manifestación de violencia de xénero.
Propoñer accións de difusión, concienciación e erradicación da violencia de xénero.
Asignar recursos para o desenvolvemento de accións que teñan como finalidade erradicar a violencia de xénero.
Manifestar o seu compromiso coa erradicación de toda mostra ou manifestación de discriminación por razón de sexo.
Ademais das accións incluidas ‘En Negro Contra As Violencias’ tamén imos ter en conta as seguíntes recomendacións:
Inserción laboral das mulleres vítimas da violencia de xénero: a inserción sociolaboral das mulleres que sofren violencia é un elemento imprescindible na súa recuperación integral e é a mellor garantía para rachar o círculo de violencia no que se atopan elas e mais os seus fillos, e poder volver participar activamente na sociedade.
Implementar plans de igualdade: no artigo 45 da Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a Igualdade efectiva entre mulleres e homes, establécese que as empresas están obrigadas a respectar a igualdade de trato e de oportunidades no ámbito laboral e, con esta finalidade, deberán adoptar medidas dirixidas a evitar calquera tipo de discriminación laboral entre mulleres e homes, medidas que deberán negociar, e no seu caso acordar, cos representantes legais dos traballadores na forma que se determine na lexislación laboral.
Implementar un protocolo de detección e eliminación de situacións de violencia de xénero: crea unha canle de denuncias que permita a calquera traballador ou traballadora que vexa ou coñeza unha situación de violencia de xénero dentro da túa empresa pólo en coñecemento da dirección.
Accións formativas e concienciadoras para o persoal: organiza un calendario de xornadas especialmente orientadas á concienciación do persoal da empresa para evitar comportamentos que poidan ser xeradores de situacións de violencia de xénero.
Código de conduta: elabora un código de conduta para evitar situacións de violencia de xénero.
Enviar