Ver todas as novas
  • reunión de concellos no Cersia, 2018

Reunión informativa e de coordinación 2019

20 de Setembro de 2019

O ano 2019 está a ser un ano terrible, e faise insoportable que ano tras ano non consigamos parar este feminicidio, aumentando tamén as mortes de nenos/as implicados nestes actos de violencia. Por riba, temos que enfrontarnos a un novo discurso que por primeira vez ten visibilidade en España que trata de dar a volta á realidade para seguir culpabilizando as mulleres da situación. 

Fronte a isto, a acción en negro coa que conseguimos sensibilizar á cidadanía durante os últimos anos séguenos parecendo unha ferramenta útil, e así nolo facedes chegar tamén moitos dos concellos e Deputacións, xa non só de Galicia senón tamén doutras comunidades.

Poñémonos, por tanto, a traballar na coordinación e a buscar formas de implementala, porque tamén somos conscientes de que na medida que medra a participación precisaremos novas estruturas. Por iso, convocámosvos a unha reunión o martes 24 de 12 h ás 14 h no CERSIA (Rúa do Alcalde Raimundo López. Santiago de Compostela).

Moitas grazas a todas e todos, se desexades asistir á reunión, por favor, confirmar a participación no correo ennegrocontraaviolencia@gmail.com