Non, se asinaches o documento de adhesión á acción En Negro Contra as Violencias, o compromiso permanece ata darte de baixa (enviándonos un mail a ennegrocontraaviolencia@gmail.com)
Si, é necesario, se participaches en anos anteriores, pero non o ano pasado e non asinaches o documento de adhesión.

É unha acción colectiva de sensibilización social contra as violencias machistas que xorde no 2015 en Santiago de Compostela, co impulso da Administración local, e que ano tras ano foi medrando, involucrando a máis concellos, institucións e sectores, chegando a expandirse de xeito viral mesmo fóra de Galicia. Aínda que está latente durante todo ou ano, é sobre todo no mes de novembro, e no 25N –Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller–, cando a acción desprega a súa actividade de forma máis intensa.

Dende o seu inicio buscouse implicar o tecido económico, asociativo, educativo, deportivo, social e cultural, así como a toda a cidadanía, nunha resposta colectiva de rexeitamento das violencias de xénero e mais dos asasinatos machistas.

Tamén se apostou por identificar, transmitir e incidir nos comportamentos e expresións verbais que están detrás das violencias de xénero a través do uso de materiais de campaña específicos por parte da cidadanía, empresas, establecementos comerciais e axentes sociais.

 

Obxectivo xeral: desenvolver e xerar accións para a sensibilización e prevención da violencia de xénero na nosa sociedade.

Obxectivos específicos:

  1. Promover actitudes e comportamentos non violentos e de rexeitamento ante todo tipo de violencia.
  2. Desenvolver na sociedade a capacidade para percibir situacións de abuso ou malos tratos en todos os ámbitos sociais, incluído o laboral.
  3. Sensibilizar e promover a participación das empresas na prevención da violencia cara ás mulleres.
  4. Promover comportamentos positivos cara ás mulleres construíndo relacións de xénero en equidade.

Calquera pode participar tinguindo o seu lugar de traballo de negro, realizando obradoiros e charlas que lles dean voz ás mulleres e que sensibilicen contra as violencias machistas.

Os concellos, empresas e asociacións que se adhiran deberán ter un compromiso político e técnico para espallar a acción e mobilizar á poboación e aos axentes sociais e económicos para tinguir de negro as vilas e cidades galegas. Para isto deberán asinar un documento de Adhesión á campaña “en negro contra as violencias”, unha vez asinado enviaremos unha chave para acceder á ferramenta que vos permita poñer o nome sobre a marca ‘En Negro’.

Adherirse implica producir material ou realizar algún tipo de acción (obradoiros, charlas…) co fin de difundir a campaña no propio ámbito da empresa ou institución (está prohibido o uso comercial da marca). A proposta a realizar pode ser solicitada pola organización para velar pola boa práctica na campaña. 

Para axudar e implementar a campaña facilitámosvos un material de código aberto e acceso libre, baixo licenza CCC (Recoñecemento – NonComercial – CompartirIgual [by-nc-sa], isto é, débese recoñecer axeitadamente a súa autoría, non se permite un uso comercial da obra orixinal nin das posibles obras derivadas, a súa distribución debe facerse cunha licenza igual á que regulamenta a obra orixinal).

O material pódese descargar a través da web da campaña ennegrocontraasviolencias.gal. Esas serán as únicas imaxes oficiais da campaña e estarán suxeitas á citada licenza CCC.

Para participar enche o formulario na páxina de Adhesión

Os FOROS foron concibidos para coordinar e facilitar o traballo en grupo. Neste momento existen catro grupos segundo diferentes ámbitos de actuación: ‘Concellos’, ‘Empresas’, ‘Educación’ e ‘Colectivos’. Selecciona e participa no que consideres máis idóneo.

 

Si, calquera pode participar na acción. Podes participar de diferentes formas: como portavoz; cubrindo de negro o teu lugar de traballo ou vivenda cara o exterior, con bandeiras ou calquera prenda de roupa negra; subindo ás redes sociais fotografías de accións que vexas pola rúa poñendo o cancelo #GaliciaEnNegro #EnNegro2019.

As persoas portavoces son aquelas que dalgún xeito colaboran coa acción, poden ser profesoras que queiran traballar nunha unidade didáctica, mulleres de colectivos feministas que queiran organizar calquera actividade para difundir a acción etc…

Se queres ser portavoz, primeiramente comproba se o teu Concello participa, desta maneira poderá facilitarche material, e poderedes colaborar conxuntamente no ámbito local. En caso que o teu Concello participe, ponte en contacto coa Concellería de Igualdade ou o CIM, e dilles que queres ser portavoz.

Se o prefires, ou se o teu concello non participa, podes ir directamente á web da campaña e incorporarte ao FORO, no botón que está situado ao final da web. Unha vez cuberto o formulario de participación, antes de 24 horas terás acceso ao foro que seleccionaches. Dende alí poderás formar parte xa da acción En negro contra as violencias.

 

É una instalación de madeira negra que ten como obxectivo, por un lado, amosar a realidade da violencia machista, e por outro, facer partícipe a toda a cidadanía que se achega a esta instalación, invitando a escribir e a compartir historias. Aquí podes saber máis.

A instalación foi realizada polo concello de Santiago de Compostela, coa colaboración de FINSA, a Fundación Paideia e Gadisa coa idea de que fose itinerante e reutilizable. Se estas interesada na instalación ponte en contacto con nós neste correo.

Envíanos unha mensaxe de correo solicitando darte de baixa.