Ver todas as novas
  • Grafica desenvolvemento 2015-2018. Memoria, 2018

Memoria, 2018. Como organizamos En Negro Contra As Violencias

16 de Xaneiro de 2019

En Negro Contra As Violencias foi concibido como un proceso de participación, de creación de rede entre as institucións e a cidadanía. Tamén como unha canle para situar as violencias de xénero no centro do discurso, por chegar a ámbitos onde nunca antes chegara unha acción deste tipo. #EnNegroContraAsViolencias desbordou o imaxinable para facer saber que non é algo pasaxeiro, pero que require da coordinación entre as institucións públicas e da esixencia a todos os gobernos para que desenvolvan políticas públicas para a promoción da igualdade real e a prevención da violencia machista en todos os ámbitos que afectan a vida das nosas veci-ñas e veciños. Poñer en marcha esta acción social supuxo que todas e todos recoñezamos as graves desigualdades de xénero no ámbito social, económico, cultural.., e que para atallalas é preciso a implicación e activación dos colectivos sociais e feministas, así como da sociedade no seu conxunto. Todas as accións desenvolvidas no marco de En Negro Contra As Violencias 2018, así como todo o traballo desenvolvido para poñelas en marcha e coordinalas, foron financiadas de forma conxunta polos concellos de máis de 10.000 habitantes participantes na campaña.

Podes descargar o dossier da Memoria, 2018 nesta ligazón