Ver todas as novas
  • fotografia dunha vila coa imaxe da acción

Máis de cincuenta concellos amosan o seu interese por incorporarse ao proxecto

30 de Xuño de 2017

O pasado 16 de xuño tivemos en Santiago de Compostela unha reunión con máis de cincuenta concellos para analizar a continuidade de En negro contra a violencia. Os municipios que participaron o ano pasado compartiron a súa experiencia e ademais presentouse unha proposta para continuar esta acción conxunta municipal contra as violencias que sufrimos as mulleres.

En negro contra as violencias, o primeiro proxecto transmedia contra as violencias machistas.

En negro contra a violencia é un proxecto transmedia innovador que utiliza diferentes formatos e plataformas de comunicación, online e offline co obxectivo de sensibilizar á sociedade contra as violencias machistas. Cremos que a participación cidadá é a ferramenta más eficaz para poder parar este continuo acoso machista.

Se queres sumar o teu concello a En negro contra a violencia escríbenos a ennegrocontraaviolencia@gmail.com