Ver todas as novas

Unha axenda chea de accións para crear espazos libres de #violenciasmachistas II

22 de Novembro de 2018

Os concellos da provincia de Lugo que adheriron á campaña #GaliciaEnNegro neste 2018 son: A Pontenova, Alfoz, Becerreá, Burela, Castroverde, Cospeito, Guitiriz, Láncara, Lourenzá, Lugo, Meira, Monforte de Lemos, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, O Corgo, O Valadouro, Outeiro de Rei, Pedrafita do Cebreiro, Pol, Quiroga, Rábade, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Sarria, Trabada, Vilalba e Viveiro.

Castroverde
Haberá unha concentración e lectura do manifesto o venres 23 de novembro ás 12:00h na Praza do Concello. Atodas as persoas que participen repartiráselles o material da campaña.

O Corgo
Con motivo dos actos que se levan a cabo en toda Galicia contra a violencia de xénero, o Concello do Corgo, unida á campaña #Galiciaennegro #contraasviolencias, por segundo ano consecutivo, desenvolverá accións divulgativas de denucia desta situación.
O venres 23 lerase o manifesto no Colexio Plurilingüe do Corgo, e o sábado 24 pola tarde, ás cinco, no Centro sociocultural, desenvolverase unha xornada formativa e informativa para a eliminación da violencia contra a muller.

Lugo
Lugo volve poñerse de negro para expresar a súa repulsa absoluta á violencia machista. Será o terceiro ano que o fai, baixo a campaña conxunta de sensibilización En Negro Contra a Violencia.
As actividades do calendario da programación para conmemorar o 25N comezan o martes 20 de novembro, ás 19:30 horas, o patio do Vello Cárcere acollerá o relatorio Visibilizar o invisible. Distintas formas de violencia cara as mulleres con discapacidade, a cargo de ACADAR, coa que colabora o Concello. Ademais, COGAMI encargarase de colocar distintas mensaxes de repulsa na Muralla. O mércores 21, terán lugar obradoiros nos institutos a cargo de enxeñeiras.
O venres 23 celebraranse os actos institucionais, cunha Camiñada contra as violencias que arrincará ás 11:00 horas dende a Fundación TIC. Ás 11:15 horas, e seguindo setas negras no chan, farase unha parada na Praza de Pío XII, onde haberá unha representación teatral, e ás 11:30 horas, no templete da Praza Maior, onde soarán distintas cancións machistas. Xa ás 12:00 horas, diante a Árbore da Vida, procederase á lectura do manifesto e a ofrenda floral. Os actos rematarán na Praza de San Marcos media hora máis tarde con baile contemporáneo.
O sábado 24, será o CD Lugo no seu encontro o que exhibirá imaxes de sensibilización. Recollerá a testemuña o Club Porta Miñá que o domingo, ás 11:30 horas procederá á lectura dun manifesto. Despois, a partir das 12:00 horas, a Plataforma Feminista preparou unha manifestación dende o Concello ata os xulgados.
A cidade xa se empezou a tinguir de negro, coa activación da campaña Lugo En Negro, á que se sumaron máis de 200 axentes diferentes. Ademais, o xoves 15 celebrouse, no centro de convivencia Uxío Novoneyra, unha xornada formativa de como traballar con persepectiva de xénero, organizada pola Casa da Muller e a Oficina de Participación Cidadá do Concello e dirixida ás asociacións de Lugo. O venres 16 tamén houbo un faladorio feminista, onde Carme Adán falou sobre os Novos conceptos para pensar a violencia: feminicidio. E o día 19, o instituto Ánxel Fole arrincou co proxecto Creando Igualdade, cuxos resultados se presentarán o día 26 de novembro.

Rábade
O acto central da campaña Rábade en negro será o venres 23 de novembro, ás 12.00 horas, na Praza do Concelllo onde se lerá un manifesto.

Cospeito
O concello de Cospeito participa na Campaña “En Negro Contra as Violencias Machistas” coordinada a través do Departamento de Servizos Sociais Comunitarios do seu concello. A iniciativa en Cospeito suma xa a máis de cen establecementos comerciais entidades e asociacións que colaboran nesta iniciativa.
Baixo o lema “Cospeito en Negro” o concello propón vestir de loito os escaparates, manequíns, mesas de restaurantes e bares e ao propio persoal traballador en sinal de loito por todas aquelas mulleres que sofren ou faleceron por mor da violencia machista.
Na semana do 19 ao 25 ademáis de animar a toda a poboación a utilizar a cor negra en sinal de loito celebraranse unha serie de actos. O venres día 23 de novembro na sede do concello ás 12:00 horas se celebrará un acto no que participarán alumnos dos centros educativos do concello que levarán a cabo unha acción de concienciación. O acto rematará coa lectura dun manifesto e a posterior Andaina Contra a Violencia de Xénero polo entorno da Lagoa de Cospeito.

Guitiriz
Guitriz celebra unha semana en negro contra a violencia de xénero. Os actos centrais serán o día 23 de novembro coa letura dun manifesto por parte do alumnado do IES Poeta Díaz Castro. O martes 27 celebrarase a charla Educando en igualdade, será ás 20:30h na Casa Habanera

Vilalba
Este ano o Concello de Vilalba vai desenvolver de novo a campaña de sensibilización social EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA – VILALBA EN NEGRO.
Como ano pasado, o Concello solicita a colaboración da cidadanía e propon que do 19 ao 25 de novembro coloquen na ventás das súas casas UN PANO NEGRO (poderanse recoller bandeiras negras para tal fin nos puntos de recollida: Centro de Información ás Mulleres na Casa do Concello (de 8 a 15 horas) e Casa da Cultura (no seu horario habitual).
Haberá ademais dous actos o venres 23; en primeiro lugar, unha concentración ás 12:00 horas na Praza da Constitución na que se dará lectura dun manifesto contra a violencia machista, que se lerá conxuntamente en todos os concellos participantes. Despois no Auditorio, 20.30 horas, o festival «Actúa. Exprésache. Rexeita», no que actuarán a asociación Vilalba en movemento e senllos grupos de alumnos do IES Basanta Silva e do Conservatorio.

Xermade
Dentro da campaña Xermade En Negro o 16 de novembro inaugurouse unha mostra pictórica de Alba Blanco, veciña de Xermade e estudante de Belas Artes e Psicoloxía, e Montse Fajardo falou sobre o seu libro Invisibles: Relatos do maltrato. A obra recolle o testemuño de sete casos reais de mulleres maltratadas, das que dúas foron asasinadas polas súas parellas.
O programa de actos completarase cunha andaina solidaria contra a violencia de xénero, que sairá ás 4 de diante do concello de Xermade. Terá un percorrido de 3 km. A continuación as persoas participantes tomarán un chocolate con bizcoito no local da Asociación de mulleres rurais "Amuraxe" de Xermade. As persoas interesadas teñen que anotarse no concello.

Monforte de Lemos
O acto principal para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero celébrase o venres, 23 de novembro, no Parque dos Condes. Ese día, a concelleira de Cultura será a encargada de ler o manifesto, ás 12 horas.
Trala lectura, alumnos de 6º de Primaria e de 4º da ESO dos centros educativos formarán unha cadea humana para rodear o río Cabe dende a Ponte Nova ata a Ponte Vella. Marina Doutón destaca que “tamén queremos facer un chamamento a tódolos veciños que queiran mobilizarse contra a violencia machista para que ese día se sumen a formar parte da cadea humana. Cantos máis sexamos, mellor”. A realización desta cadea humana obrigará a cortar o tráfico sobre a Ponte Vella durante uns 5 minutos. #ContraAsViolencias

A Mariña
Son varios dos concellos da Mariña adheridos á campaña «En Negro contra as violencias», que terá a súa eclosión cos actos centrais o venres 23 e o fin de semana, están a desenvolverse actividades para concienciar sobre a secuela que supón a violencia machista contra as mulleres.

Ribadeo
En Ribadeo, por exemplo, numerosos comercios colgan xa os carteis e camisetas da campaña nos seus escaparates. E o venres, 16 de novembro, ás 20.00 horas, co Teatro cheo, proxectouse a curtametraxe «Pensa, fálao. Vive!», do Comité Lila.
O acto central será o venres 23, ás 12.00 horas, na rúa san Roque. Tamén o venres, en Barreiros, ás 10.30 horas na praza das Vivendas Sociais de San Cosme farase un mural, confeccionaranse chapas e ás 12.00 horas lerase un manifesto.

Alfoz
Alfoz en negro buscará durante este mes de novembro darlle visibilidade ao sentimento unánime de repulsa da sociedade de Alfoz contra a violencia machista. Entre outras accións, o día 25 de novembro celebrarase un acto central no que realizará unha andaina reivindicativa por diferentes lugares do concello coa intención de espertar a sensibilidade social. Para esta andaina o Concello de Alfoz entregará aos participantes camisetas negras co lema “Alfoz en Negro. Para finalizar o acto procederase á lectura dun manifesto.

Lourenzá
O Concello de Lourenzá súmase á campaña En negro contra a violencia de xénero con varios actos, que se desenvolverán o xoves 21 e o domingo, día 25.
A través da asociación de comerciantes local repartiranse por todos os establecementos unhas frases cun lema en contra da violencia de xénero, para que todos os locais se tingan de negro. Desde o luns 19 de novembro no balcón da Casa do Concello pendura unha pancarta co lema Lourenzá en Negro contra Violencia de Xénero e os Cocos e as árbores da praza do Conde Santo visten tamén de negro.
Ademais o xoves 22 de novembro, ás 12:30 horas no CEIP Juan Rey haberá unha charla informativa sobre as consecuencias da violencia de xénero nas mulleres. Xa para rematar, o domingo 25 de novembro a praza do Concello será o escenario da gravación dun spot contra a violencia de xénero, na que participará a veciñanza. Tamén terá lugar a lectura dun manifesto.

Burela
Burela en Negro estará presente na hostalería con manteis e pousa vasos cos logos da campaña. O Concello fai unha chamada ao comercio para que vista os seus locais de negro do 19 ao 25 de novembro e anima á veciñanza a sumarse á loita contra as violencias machistas.
En Burela tamén haberá un acto central o dia 23 ás 12:00 na Praza do Concello.

Trabada
Por primeiro ano en Trabada acállese á campaña En Negro contra as violencias, acción colectiva de sensibilización social contra as violencias machistas.

Comarca de Sarria
Por terceiro ano consecutivo, o Concello de Sarria sumase a este proxecto de sensibilización colectiva e visibilidade, que afonda nas causas da violencia de xénero e na necesidade de implicar a toda a sociedade na procura dun só obxectivo: 0 vítimas. Para isto anima a vestir o comercio, empresa, bar, posto do mercado, ou a ti mesmo/a de negro do 19 ao 25 de novembro facilitando material e información.

Comarca dos Ancares
Becerreá
O venres 23 de novembro, ás 12:00, na Praza do Concello celebrarase un acto no que se dará lectura dun manifesto contra as violencias, que será lido polas alumnas do IES Becerreá.
O luns 25 de novembro celebrarase unha marcha deportiva contra a violencia de xénero que sairá ás 13:30h do IES Bercerreá e chegará á Praza do concello

Monterroso
O venres 23 de novembro celebrarase unha marcha contra a violencia de xénero por varias rúas do pobo que sairá ás 11:15h do cruce da R/ dio Marco coa R/Lorenzo Varela na que participará o alumnado do IES e do CEIP de Monterroso.

Comarca de Quiroga
Quiroga
A área de Igualdade do Concello de Quiroga uniuse á campaña #GaliciaEnNegro. Na semana do 20 ao 25 de novembro dende o Centro de Información á Muller estanse levando a cabo varias actividades con este fin. Dende o luns 20 todos os establecementos da vila locen carteis da campaña Quiroga “en negro contra a violencia”, ao igual que a casa consistorial que loce no seu balcón unha pancarta con este mesmo lema.
O venres 23 de novembro está convocada unha concentración diante do concello ás doce do mediodía, á que poden acudir todas as persoas que o desexen preferiblemente vestidas de negro. Tamén se pode deixar constancia da repulsa contra a violencia no libro de firmas colocado na estrada do consistorio.