Ver todas as novas

Sempre libres e vivas, unha publicación sobre a acción En negro contra as violencias

7 de Agosto de 2025

Sempre libres e vivas recolle a evolución da campaña durante oito anos, e documenta como se foi expandindo e crecendo con cada acción realizada en concellos –grandes e, sobre todo, pequenos– nas escolas e nas empresas. Unha acción transversal, que tamén traspasou fronteiras, chegando á cidade de Morelia, en México, ou á universidade de La Laguna en Canarias. Foi significativa por moitos motivos, un deles é a implicación de moitos homes que tomaron posición contra as violencias machistas.

O libro é tamén un Manual de como poñer en marcha a acción, como recolle Tamara Montero no prólogo:

“En que intre nacen os símbolos? […] Se cadra a pregunta non é cando, senón como: como unha campaña para o 25 de novembro dun concello galego rematou por batuxar nas costas do Cantábrico e mesmo viaxar a Morelia; como foi quen de amalgamar máis dun cento de concellos, deputacións, empresas, equipos de fútbol, bares, fogares e mais escolas; como tinguiu de negro ao mesmo tempo unha Catedral e unha corredoira. Aí, na xente, na apropiación colectiva, é onde nacen os símbolos.

Quere ser este libro un pequeno compendio de comos. Como construír dende a base unha campaña capaz de conectar con amplas capas da cidadanía? Como convertela nun berro de país, nunha referencia? Como se vai nutrindo de todas e cada unha das achegas? Como penetra en recunchos onde o feminismo sempre fora palabra forasteira?

É isto un manual para crear un símbolo. Para seguir loitando contra as violencias.”

 

FICHA TÉCNICA

Este libro recolle o resultado da campaña transmedia que se levou a cabo baixo unha perspectiva transversal, comunitaria e en rede para concienciar a cidadanía sobre a existencia de diferentes formas de violencia machista que constitúen un grave problema social. A dimensión comunitaria da campaña ten o seu principal reflexo na apropiación da mensaxe por parte da poboación destinataria e dos stakeholders. Apostou, tamén, por identificar, transmitir e incidir nos comportamentos e expresións que están detrás das violencias de xénero a través do uso de materiais de campaña específicos, de código aberto e de libre uso para toda a poboación.

 

Característica do libro:

Deseño / ed.: Uqui Permui / uqui.net

Formato: 18 x 14 cm

Cuberta: Tipo Pergraphica Classic de 300 g / m2

Papel: Tipo Pergraphica Classic Smooth de 120 g / m2

Encadernación: otabind con fío vexetal e cantos en negro

Páxinas: 456 a cor

Prezo: 26 €

Distribuidora: Consorcio editoral 

MERCAR

 

PRÓXIMAS PRESENTACIÓNS

25 de setembro 2025, ás 19 h en Libros traperos. Murcia

26 de setembro, ás 19 h en Fahrenheit 451 Café. Alacant

 

ESTIVEMOS EN: 

14 de novembro, 2024 ás 19:15 h na libraría Lila de Lilith, Santiago de Compostela

22 de novembro, 2024 ás 20 h no Concello de Cerdido

26 de novembro, 2024 ás 12 h no Concello de Tomiño

27 de novembro,2024  ás 19:30 h na Libraría Paz de Pontevedra

29 de novembro, 2024 ás 20 h Chachachá + Revista Dot: Galicia, en Vigo

30 de novembro, 2024 en Culturgal (firma de libros no stand do Consorcio Editorial ás 18:30 h) 

4 de decembro, 2024 ás 19h no taller de Manchea, na Coruña

13 de decembro, 2024 ás 19h no Concello de Sada

2025

23 de xaneiro, ás 19h no Vello Cárcere de Lugo

20 de marzo, ás 20 h en Tenerife

14 de marzo, ás 19 h en Madrid