Memoria, 2018. Como organizamos En Negro Contra As Violencias
En Negro Contra As Violencias foi concibido como un proceso de participación, de creación de rede entre as institucións e a cidadanía. Tamén como unha canle para situar as violencias de xénero no centro do discurso, por chegar a ámbitos onde nunca antes chegara unha acción deste tipo. #EnNegroContraAsViolencias desbordou o imaxinable para facer saber que non é algo pasaxeiro, pero que require da coordinación entre as institucións públicas e da esixencia a todos os gobernos para que desenvolvan políticas públicas para a promoción da igualdade real e a prevención da violencia machista en todos os ámbitos que afectan a vida das nosas veci-ñas e veciños. Poñer en marcha esta acción social supuxo que todas e todos recoñezamos as graves desigualdades de xénero no ámbito social, económico, cultural.., e que para atallalas é preciso a implicación e activación dos colectivos sociais e feministas, así como da sociedade no seu conxunto. Todas as accións desenvolvidas no marco de En Negro Contra As Violencias 2018, así como todo o traballo desenvolvido para poñelas en marcha e coordinalas, foron financiadas de forma conxunta polos concellos de máis de 10.000 habitantes participantes na campaña.
Podes descargar o dossier da Memoria, 2018 nesta ligazón