Ver todas as novas
  • Instalación do triangulo no Obradoiro
  • tarxetas das Instalación do triangulo no Obradoiro
  • interior da Instalación do triangulo no Obradoiro
  • vídeo Instalación do triangulo no Obradoiro

Instalación itinerante do triángulo negro

2 de Outubro de 2019

A partir desta edición da campaña poñemos a instalación expositiva do triángulo negro de En negro contra as violencias á disposición de todos aqueles concellos que o queiran solicitar. 

A peza foi unha iniciativa da Concellaría de Igualdade do Concello de Santiago, co patrocinio da Fundación Paideia, Finsa e Gadis. Ten como obxectivo principal ir máis alá das mensaxes dos materiais de campaña, amosar a realidade da problemática das violencias machistas e invitar a participar á veciñanza escribindo e compartindo historias.

A instalación consta de tres partes:

Información: o interior conten seis paneis con datos e infografías sobre a repercusión das agresións machistas. Transmiten de forma sinxela e gráfica a realidade desta problemática, con información en galego, castelán e inglés.

Memoria: durante as edicións pasadas de En Negro xeráronse diversos materiais audiovisuais, tanto documentais como pezas audiovisuais, e despois do 25N deste ano, se podería incorporar novo material ao loop, de 45’ de duración. 

Participación: constrúese unha acción participativa a partir da coñecida ‘árbore dos desexos’ de Yoko Ono que, á súa vez, estaba inspirada nunha tradición india de encher unha choza cos desexos da comunidade entre as madeiras. Esta obra ten como obxectivo recoller as esperanzas e as denuncias (ou experiencias) da xente. 

Os municipios interesados han de facerse cargo dos portes de transporte, instalación, mantemento e desmontaxe do triángulo, así como do seguro de responsabilidade civil. Tedes máis información no dossier. Para solicitar a instalación nos concellos o mail de contacto é ennegrocontraaviolencia@gmail.com

Despregable editado polo Concello de Santiago sobre as Violencias machistas