Ver todas as novas
  • icono-gráficas-en-negro

Gráficas En Negro

20 de Novembro de 2019

Colectivo de deseñadoras contra as violencias machistas.

MANIFESTO

«O feminismo demostrou que a  visualidad, é dicir, as condicións de como vemos e construímos o significado do que vemos, é unha das claves para entender como o xénero se inscribe na cultura occidental. […] Desde a perspectiva feminista, por tanto, as imaxes non soamente narran as relacións de poder senón que sosteñen estas relacións dentro da súa estrutura formal e nas súas condicións de distribución. Iso sábeno todos os deseñadores xa sexan homes ou mulleres, pois son conscientes de que o deseño gráfico ten un papel importante á hora de definir a cultura visual e que eles son, precisamente, quen se encarga de construír ese deseño gráfico». 

Raquel Pelta

 

Gráficas en Negro é un colectivo de deseñadoras unidas por unha mirada feminista sobre a profesión do deseño. Tomamos o nome do proxecto En Negro, unha acción social contra as violencias machistas que xurdiu en Santiago de Compostela en 2015. Este proxecto vestiu de loito, de forma simbólica, infinidade de lugares (colexios, tendas, concellos, etc), implicando ao seu paso a colectivos, empresas, institucións e cidadanía contra a violencia de xénero.

Somos deseñadoras, somos mulleres. Manifestamos a máis absoluta repulsa ante o machismo e a súa consecuencia extrema: os asasinatos. Este ano foron asasinadas 51 mulleres en España (segundo datos oficiais), sen contar as mortes “colaterais” de familiares de vítimas. Pero as formas en que o machismo exerce a súa violencia patriarcal son moi variadas e perséguennos día a día. Para combater esta situación, é preciso recoñecer as graves brechas de xénero existentes en todos os ámbitos, así como atallar as causas estruturais que sustentan estas desigualdades, e isto debe facerse non só a través de políticas reais para a promoción da igualdade e a prevención das violencias, senón tamén desde o ámbito do deseño, xa que este constrúe unha cultura visual colectiva que elixe reforzar ou cuestionar os estereotipos e as estruturas de poder. 

Por iso queremos denunciar a complicidade de quen perpetúa, a través da práctica do deseño, un imaxinario colectivo desigual e machista, que permite e xustifica estas violencias e silénciaas. Quen mira cara a outro lado tamén é culpable.

Este 25 de novembro, Día Internacional para a Erradicación da Violencia contra as Mulleres, queremos facer visible o noso compromiso neste sentido, conscientes da nosa responsabilidade social como deseñadoras. 

Deseño feminista para un mundo sen violencias machistas!!

Novembro 2019

Firmas de adhesión:

  1. Cris Alcázar - Consultora - Murcia
  2. Cristina Alonso - Gráfica - Valencia
  3. Sara Anes Sanz - Arquitecta - Zaragoza
  4. Anuska Arbildi - Gráfica - Victoria-Gasteiz
  5. Delma Álvarez - Gráfica - Jaén
  6. Ane Arzelus - ilustradora - Donosti
  7. Granada Barrero - Gráfico - Huelva
  8. María Barros - Moda - A Coruña
  9. Carla Bautís - Gráfica - Santiago/Málaga
  10. Águeda Betancor - Gráfica - Canarias
  11. Maria Jesus Bonafonte Alario - Gráfica - Madrid
  12. Raquel Boo - Gráfica - Santiago de Compostela
  13. Carmen Bustillo - Gráfica - Gijón
  14. Myriam Cea - Gráfica - Madrid
  15. Magalí Celene Silva - Gráfica - Canarias
  16. Rebeca Ces - Gráfica - Ames, A Coruña
  17. Cristina Cipitria - Producto - Asturias
  18. Natalia Crecente - Gráfica - Lugo
  19. Eider Corral - Gráfica - Bilbao
  20. Soledad Costa - Gráfica - Barcelona
  21. Noemí Cubillo - Gráfica - A Coruña
  22. Sonia de la Iglesia - Gráfica - Murcia
  23. Paula Díaz - Gráfica - Jerez de la Frontera/Madrid
  24. Lucía Entrialgo - Estratégica - Gijón/Madrid
  25. Paloma Esquitino Giménez - Producto - Alicante
  26. Mari Carmen Estevan - Gráfica - Alicante
  27. Maria F. Carrascal - Arquitecta - Sevilla
  28. Transi Fernández Habas - Gráfica - Andalucia
  29. Ana G. Carpallo - Espacios - Extremadura
  30. Marisa Gallén - Gráfica - Valencia
  31. Cristina García - Grafica - Madrid
  32. Irene García - Gráfica - Santiago de Compostela
  33. Isabel González - Gráfica - Asturias
  34. Olatz González - Gráfica - Bilbao
  35. Silvia González - Gráfica - Extremadura
  36. Gala Hidalgo Ayuso - Gráfica - Toledo
  37. María Hidalgo - Consultora - Málaga
  38. Teresa Jular - Estratégica - Murcia
  39. Pilar Larrotcha - Gráfica -Murcia
  40. Aizpea Lasa Muxika - Gráfica - Donostia
  41. Guadalupe López - Gráfica - Murcia
  42. Nuria López - Gráfica - Cádiz
  43. Luisa Lubiáns - Gráfica - Pontevedra
  44. Patricia Llorens - Gráfica - Alicante
  45. Clara Malde - Gráfica - Vigo
  46. Maria José Marcos - Arquitecta - Murcia 
  47. Vanesa Marcos - Gráfica - Murcia
  48. Laura Marina Pedreño - Gráfica - Murcia
  49. Gloria Martínez - Gráfica - Valéncia
  50. Pepa Martínez-Carrasco - Gráfica - Madrid
  51. Laura Meseguer - Tipógrafa - Barcelona
  52. Rosana Monrós - Gráfica - Valencia
  53. Amparo Navarro - Gráfica - Valencia
  54. María Navarro - Gestión - Valéncia
  55. Carolina Núñez - Gráfica - A Coruña/Londres 
  56. Pati Núñez - Gráfica -Barcelona
  57. Marian Parrilla - Gráfica - Murcia
  58. Ana Pastor - Gráfica - Valencia
  59. Raquel Pelta - Historiadora - Barcelona/Madrid
  60. Irene Peñalver - Producto - Murcia
  61. Uqui Permui - Gráfica - Santiago de Compostela
  62. Silvia Ponce - Gráfica - Canarias/Barcelona
  63. Maite Prida Barquín - Gráfica - Asturias
  64. María Ramos - Tipógrafa - Santiago de Compostela
  65. Anita Rodríguez - Gráfica - Canarias
  66. Alba Rodríguez - Gráfica - Extremadura
  67. Celeste Rodríguez - Gráfica - Palma
  68. Aurora Sánchez Bailo - Gráfica - Canarias
  69. Carmen Santamarina - Gráfica - Asturias
  70. Elena Santana Montaut - Packaging - Madrid
  71. Gloria Soria - Gráfica - Murcia
  72. Susana Suárez - Textil - Asturias
  73. Marta Turrado - Gráfica - Málaga
  74. Imada Vadillo - Gráfica - Canarias
  75. Juana Valcárcel -Industrial - Murcia
  76. Isabel Vivancos - Gráfica - Murcia
  77. Rebeca White - Gráfica - Canarias
  78. Ana Yago Pallás - Industrial - Valencia

Convidámosche a asinar (envíanos un mail co teu nome, lugar e ámbito do deseño), tamén e a compartir e seguir as RRSS.

@ GraficasEnNegro

# graficasennegro
# contralasviolenciasmachistas
# igualdadrealya
# EnNegro2019

Agradecemos a solidariedade dos compañeiros que expresaron o seu apoio colaborando na difusión do manifesto.