Ver todas as novas
  • presentación Ribadeo

Arredor de 100 establecementos e entidades sociais súmanse ao Ribadeo en negro

17 de Novembro de 2016

Este venres 18 de novembro comezará a campaña de sensibilización social en contra da violencia exercida cara ás mulleres Concellos en negro contra a violencia, Ribadeo en negro. Nela van participar cerca de 100 entidades, 77 establecementos comerciais que tinxirán os seus escaparates de negro desde o 18 de novembro até o 28 de novembro. Tamén participarán activamente varias entidades ubicadas no Concello sinalando varios espazos e entidades  como espazos libre de violencia machista, como os centros educativos do Concello (Centro Integrado de Formación Profesional Porta da Auga, IES de Ribadeo e os Colexios Gregorio Sanz e Sagrado Corazón de Xesús), o Centro de Saúde, a Praza de Abastos e a Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo.

Cada establecemento adornará o seu escaparate ou local ao seu gusto, contanto con apoio do Concello que ao longo desta semana repartirá material promocional da campaña, como manteis, mandís, distintivos para o comercio, camisetas, rótulos, ...

Os centros educativos están a traballar en actividades propias e repartiráselles un kit que contén unha tela negra, un spray e os moldes do logo da campaña tendo que completar o alumnado o lema da faixa. Tamén imos contar coa colaboración de 20 integrantes do Comité Lila que colaborarán como voluntarias/os no reparto do material aos establecementos comerciais que non están en ACISA (xa que a propia ACISA se encargará de distribuir o material entre as súas asociadas) e ademais e encargarán de fotografiar os establecementos e entidades participantes. Ademais este colectivo está a traballar no centro educativo nunha flashmob e tamén van a facer un traballo de ornamentación do centro impactante.

E aínda que a campaña comprende unha duración de 10 días non queremos deixar pasar o propio 25 de novembro sen facer un acto. Convocamos a toda a cidadanía a que se una a este acto en contra da violencia que será o propio 25 de novembro ás 12.00h no Parque Infantil, que comezará con música e unha performance do alumnado da Escola  Municipal de Música e Danza de Ribadeo , con lecturas de persoas de diferentes idades e axentes sociais rematando coa lectura do manifesto da Concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra.

Nesta rolda de prensa nos acompañan representantes dos diferentes axentes sociais que colaboran activamente no desenvolvemento da campaña, como son ACISA, centros educativos, centro de saúde, Comité Lila, EMMED e o persoal do Concello das áreas de  Igualdade, Mocidade e Servizos Sociais.

Haberá máis sorpesas que estamos artellando e que vos iremos presentando no seu momento.