Ver todas as novas

25N. Actividades En Negro Contra a Violencia

23 de Novembro de 2016

Allariz

  • Día 24
    - Ás 19 h: Diálogos poéticos das Mulleres de Sivardeira. Lugar: 2º andar do Fogar dos Maiores
  • Día 25
    - Ás 12 h: lectura do Manifesto da Asociación de Mulleres Silvardeira e Lectura de manifesto polo Amor e os Bos Tratos (alumnado IES de Allariz). Praza do Concello
    - Ás 18 h: Xuntanza de traballo da mesa de Coordinación para o Protocolo de Actuación, coa intervención de Victoria Diéguez (avogada) Lugar: 1º andar do Fogar dos Maiores
    - Ás 19:30 h: Charla-coloquio: Causística na atención a mulleres vítimasde violencia de xénero. Victoria Diéguez (avogada)
    - Actuación de Cintaadhesiva. Lugar: 2º andar do Fogar dos Maiores

 

Ames

  • 25 de novembro,
    - VI Xornadas Acércate nos IES de Milladoiro e Bertamiráns: «Quérome/te: Decálogo do bo trato» Ao remate do taller recuperaremos o Paseo Carme Amado (primeira vítima de violencia no noso Concello)
    - En Bertamiráns o alumnado plantará dúas árbores e lerá a declaración institucional contra a violencia machista.
    - No Milladoiro inauguración do Paseo da Igualdade con lectura da declaración institucional.

 

Cangas

  • 25 de novembro,
    11:00   Un Xardín de Bicos Ceip Espiñeira Eirado do sinal
    11:15   Baile con percusión contra a Violencia de Xénero Ceip San Roque Eirado do sinal
    11:30   A Rúa das emocións. Ceip A Rúa. Praza das Pontes
    11:45   O mapa das emocións. Asociación Juan XXIII. Praza das Pontes
    12:00   Eu querer quéroche ben. Colexio Casa da Virxe. Praza das Pontes.
    12:05   Chegada cadea humana e lectura manifesto. Ies Rodeira Praza das Pontes
    12:15   Tendemos a man contra o maltrato. Compañía de María. Praza do Concello.
    12:30   Lectura Manifesto Institucional contra as Violencias Machistas. Praza do Concello.
    21:30   Proxección «Chicas Nuevas 24 Horas» No Auditorio Municipal. Ás

 

Compostela

  • 25 de novembro,
    - Ás 11:45 horas, na praza do Obradoiro lerase un manifesto e realizarase unha concentración de repulsa das violencias machistas no que están convidados toda a cidadanía en especial o estudantado dos IES e universitario da USC. Nesta concentración está previsto construír con paraugas negros e brancos —que se repartirán na propia praza— una imaxe que recolla a icona desta campaña, o triángulo branco «Contra a violencia».
    - O festival Cineuropa proxectará unha sesión específica de películas que abordan esta problemática. No Salón Teatro ás 17.30h «Las Sinsombrero» e ás 18.45 «Paula».

Síguenos no FB de territoriodasmulleres

 

Ferrol

  • 25 de novembro,
    - Ás 12:00 horas, Pleno de alumnos/as da ESO de sete centros escolares de Ferrol
    – Ás 13:00 horas, no parque Raíña Sofía terá lugar a plantación de rosais por cada unha das vítimas da violencia machista
    - De 16:00 a 20:00 horas, na Praza da Armas haberá un obradoiro de graffiti e arte urbán
  • 28 de novembro
    -Ás 18:00 horas, fronte o centro cívico de Caranza unha concentración en repulsa ao asasinato machista de Marta Sequeiro

 

Lugo

  • 23 de novembro,
    - «En camiño contra a violencia» ás 11:30
  • 25 de novembro,
    11:00   Presentación do libro «As miñas fillas devolvéronme a vida (unha historia real)» Escrito por Inés Fernández Lamela
    11:30   Entrega dos premios dos concursos de deseño gráfico «Contra a violencia de xénero» e de fotografía «Revelando o machismo». No salón de plenos do Concello, na praza Maior
    12:00   Ofrenda floral como homenaxe ás mulleres vítimas da violencia. Concentración ante a árbore da vida na praza de Santo Domingo, con lectura dun manifesto en contra da violencia de xénero e actuación de Ruth León, acompañada de David Taboada e Adrián Vigo.
    13:00   En colaboración con distintas asociacións, clubs deportivos e centros educativos da nosa cidade, rodearemos a Muralla de negro, coa posterior solta de globos en cada unha das dez portas da Muralla.
    17:00   Na praza Maior, diante da Casa do Concello, a Fundación Juan Soñador levará a cabo a realización dun mural de expresión artística colectiva e dun photocall con mensaxes a favor da igualdade: as persoas participantes recibirán un bulbo de tulipán coa mensaxe “Sementando igualdade”.

 

Poio

  • 25 de novembro,
    - Concentración  e lectura do manifesto diante do Centro de Servicios Sociais (Casa Rosada) ás 12 horas.
  • 27 de novembro,
    - VI Festival Musical contra a violencia de xénero, no que participarán grupos musicais de todo o municipio para a través da música expresar a súa repulsa contra a violencia de xénero, ás 17 horas no local social da Comunidade de Montes de San Xoan.
  • Do 19 ata o 29 de novembro,
    - Exposición no IES de Poio da exposición Nenas e Nenos Soldados do Fondo Galego de Cooperación
  • Os días 27, 28 e 29 de novembro,
    - Talleres a 91 rapaces e rapazas de 1º ESO no IES de Poio.
  • 2 de decembro,
    - Charla de «Pantallas Amigas» no colexio de Lourido sobre a ciberviolencia, ciberviolencia, sextin, grooming, e outros delitos relacionados coas redes sociais. Para o alumnado de cuarto, quinto e sexto de primaria de 9.00 a 14.00 e para profesorado e familias, de 16.00 a 18.00.

O noso enlace do CIM en facebook

 

Ribadeo

  • 25 de novembro,
    - No parque infantil ás 12.00h no que se realizará unha performance amenizada con música e no que participará o alumnado da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo. Despois haberá varias intervencións, representación do alumnado do Gregorio Sanz leerá unha poesía (10 anos), unha representante do Observatorio da Mariña pola Igualdade…, e rematará a Concelleira de Igualdade coa lectura do manifesto.

 

Sada

  • 25 de novembro,
    - «Educando en igualdade» Auditorio da Casa da Cultura ás 19h.
    - Andaina solidaria contra a violencia de xénero. Saída ás 10:30h dende a Fábrica en Santa Cristina (Oleiros) con chegada ao mesmo punto de saída sobre ás 12:30h.
  • 28 de novembro,
    - Representación teatral «Irene Mendiluce» Auditorio da Casa da Cultura de Sada. Agrupación de teatro IES MARIA CASARES (Oleiros).
  • 9 de decembro,
    - Escenificación «Campaña lazo blanco» Auditorio Casa da Cultura de Sada. 19h.

 

Teo

  • 25 de novembro,
    - Ás 19.30 no auditorio de Ramallosa. Actuación musical a cargo de Lydia Botana, lectura de manifesto e proxección de colaboracións para o día contra da violencia de xénero 2016.
    - Intervencións nos centros educativos, e decoración con cintas e globos negros.
    - A campaña de Teo en negro, desenvolvese en 90 locais comerciais de todo tipo (bares, peluquerías,estancos, gasolineras, tendas variadas) en todos os centros educativos, na piscina e ximnasio municipal, centros de saúde…