A través deste formulario podes confimar a participación da túa asociación / colectivo na campaña #EnNegroContraAsViolencias 2019.


 

DECLARACIÓN DE ADHESIÓN Á CAMPAÑA EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS

Lidos e compartidos os obxectivos de En Negro Contra as Violencia

Declara o seu compromiso de desenvolver políticas que integren a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes, sen discriminar directa ou indirectamente por razón de sexo, así como no impulso e fomento de medidas para conseguir a igualdade real no seo da organización.

Como manifestación desta vontade este colectivo decidiu unirse á campaña “en negro contra as violencias” e asume os seguintes compromisos:

  • Participar nas accións de difusión e loita contra a violencia de xénero.
  • Empregar os materiais identificadores da campaña en lugar visible e representativo da organización.
  • Manifestar o seu rexeitamento a toda manifestación de violencia de xénero.
  • Propoñer accións de difusión, concienciación e erradicación da violencia de xénero.
  • Manifestar o seu compromiso coa erradicación de toda mostra ou manifestación de discriminación por razón de sexo.
  • Difundir a acción nas redes sociais ou por calquera outra canle que teña a súa disposición.

A Organización de Nacións Unidas na IV Conferencia Mundial de 1995 recoñeceu xa que a violencia contra as mulleres é un obstáculo para lograr os obxectivos de igualdade, desenvolvemento e paz, e viola e menoscaba o gozo dos dereitos humanos e as liberdades fundamentais. Ademais defínea amplamente como unha manifestación das relacións de poder historicamente desiguais entre mulleres e homes. Existe xa mesmo unha definición técnica da síndrome da muller maltratada: «As agresións sufridas pola muller como consecuencia dos condicionantes socioculturais que actúan sobre os xéneros masculino e feminino, situándoa nunha posición de subordinación ao home e manifestadas nos tres ámbitos básicos de relación da persoa: malos tratos no seo das relacións de parella, agresión sexual na vida social e acoso no medio laboral». Na realidade española, as agresións sobre as mulleres teñen unha especial incidencia, e hoxe existe unha maior conciencia que en épocas anteriores sobre esta, grazas, en boa medida, ao esforzo realizado polas organizacións de mulleres na súa loita contra todas as formas de violencia de xénero. Xa non é un «delito invisible», senón que produce un rexeitamento colectivo e unha evidente alarma social.

Por iso, e facendo nosas esas palabras, manifesta a súa vontade de implementar e revisar todas aquelas medidas que sexan necesarias para lograr un espazo de traballo libre de violencia de xénero.