Ver todas as novas

Unha axenda chea de accións para crear espazos libres de #violenciasmachistas IV

24 de Novembro de 2018

En Pontevedra sumáronse á campaña En Negro Contra as Violencias os concellos de: Gondomar, Nigrán, Salceda, Barro, Poio, Cambados, O Grove, Ribadumia, Vilagarcía de Arousa, Bueu, Cangas, A Guarda, Tomiño, Mondariz, As Neves, Ponteareas, Salvaterra, Silleda, Caldas de Reis, Cuntis e Portas.

Na comarca de Vigo dende a Concellería de Igualdade do Concello de Gondomar propon vestir de loito a vila en sinal de dor pola violencia de xénero, e como resposta a máis dura das súas consecuencias, a morte. Do 19 a 26 de novembro proponse vestir as tenda, comercios, empresas, bares, posto do mercado, etc. de negro e para iso facilitaráno material e información que tamén compartiremos nas redes sociais.

O 23 de novembro, ás 12.00 horas, haberá unha concentración na Praza do Concello onde se lerá un Manifesto. O domingo 25 no Auditorio Lois Tobio, cinema documental Crónicas de Silencio e Sal, a entrada e de balde, e tamén durante a fin de semana diferentes equipos deportivos de Gondomar xogarán coas camisetas co lema “Gondomar en Negro Contra a Violencia”.

O Concello de Nigrán súmase á conmemoracón do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres coa celebración esta semana de diversos actos alusivos. Así a iniciativa do Centro de Información as Mulleres (CIM) do Concello de Nigrán, máis de 150 establecementos do municipio "vestirán" os seus escaparates de negro en sinal de loito polas víctimas de maltrato.

Ademais, tamén o venres 23 ás 11:30 horas na Praza do Concello, o goberno de Nigrán lerá o manifesto deste ano, acto que se repetirá o domingo ás 13 horas antes do concerto de 'Blues do País' programado por tal motivo no Auditorio Municipal. Xa o luns, o CPI de Panxón acollerá un espectáculo de acrobacias e performance a cargo dos propios alumnos e alumnas, que deseñaron a actuación tendo en conta esta data.

Baixo o lema 'Nigrán en Negro' o Concello propón novamente "vestir" de loito os escaparates, manequíns, mesas dos restaurantes, locais de entidades ou mesmo o propio persoal traballador en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia ou que faleceron por mor dela. O Concello sumouse xa o ano pasado a esta campaña de sensibilización cidadá titulada #EnNegroContraAsViolencias coa participación de cen locais, e este ano serán máis de 150.

O Concello de Salceda de Caselas adheriuse por segundo ano á campaña "En negro contra a violencia". A responsable da área de Igualdade en Salceda de Caselas convidou aos comercios da vila a ser partícipes desta campaña de concienciación contra a violencia machista. Así, no caso de Salceda de Caselas son xa numerosos os establecementos e colectivos que se xuntaron á campaña para tinguir de negro a vila na semana do 19 ao 25 de novembro, a través dos escaparates, os manequins, a roupa de traballo...

O ano pasado participaron na campaña en Salcda máis de 60 establecementos comerciais da vila, así como numerosos colectivos sociais, culturais, deportivos, educativos, etc...

É ben certo que o Concello de Salceda de Caselas está a dar importantes pasos na loita contra a violencia de xénero. Así, nestes días vanse realizar accións formativas nos centros escolares de primaria e secundaria, para concienciar aos nenos e nenas na importancia da igualdade e do rexeitamento á violencia de xénero.

O Concello ofrece ademais un servizo de asesoramento xurídico ás mulleres vítimas de violencia de xénero, que en numerosas ocasións se ven perdidas e sen saber a onde recorrer para saír dunha situación límite.

Xa na comarca de Pontevedra Poio participa, por terceiro ano consecutivo, na campaña En negro contra as violencias para o que se programaron durante dez días de actividades que desembocarán nunha andaina o 25 de novembro.

O día 15 de novembro celebrarase un obradoiro para o alumnado de 3º da ESO do IES Fontenla a cargo de Isabel Blanco, coautora da exposición “Rompe e Xoga en Igualdade”. Entre o 19 e o 21 de novembro, persoal do CIM de Poio levarán a cabo obradoiros sobre prevención, detección e actuación ante a violencia de xénero neste centro para o alumnado de 4º da ESO.

Entre o 19 e o 21 os obradoiros serán no IES de Poio para os alumnos de 4º da ESO. Técnicas do CIM falarán sobre prevención, detección e actuación ante a violencia de xénero.

Paralelamente, os comercios, negocios e establecementos do municipio vestiranse de loito para visibilizar a violencia machista, unha campaña na que ademais participan asociacións, clubs deportivos e centros educativos de Poio.

As actividades programadas culminan o 25 de novembro cunha andaina que baixo o lema “paso a paso libres de violencia de xénero” percorrerá 6 quilómetros partindo ás 10:30h do Bosque das Mulleres en Lourido e rematará na praza da Chousa ás 12h na Praza da Chousa. Neste emblemático punto de Combarro gardarase un minuto de silencio e procederase á lectura dun manifesto, mentres que pandereteiras das asociacións Armadiña e Ronsel interpretarán un tema das Punkiereteiras.

O acto rematará coa actuación musical das pandereteiras de Ronsel e Armadiña, que interpretarán un tema especialmente composto para a ocasión.

A comarca do Salnés tínguese de negro

O negro gañará presenza en Vilagarcía grazas á cartelaría que se está a repartir en comercios e institucións. Cada vez máis empresas están interesadas en converterse en correas de transmisión destas mensaxes, que deben perseguir aos verdugos e sensibilizar, aínda máis, ao resto da sociedade. Así, este ano os autobuses urbanos vestiranse de negro. E colocaranse valos negros nas entradas á capital arousá. Por non falar da posibilidade, aberta a establecementos de hostalaría, de vestir as súas mesas con manteis individuais convertidos nun berro contra a forma máis extrema do machismo.

Pero ademais de empapelarse de negro, en Vilagarcía organizanse outros actos. O día 23, venres, estará protagonizado polo alumnado dos centros escolares da capital arousá. Se o tempo o permite, realizarán unha andaina, e se a choiva fai acto de presencia, reuniranse no auditorio. Despois, o mediodía, lerán un manifesto e faran un baile.
O día 24, ás nove da noite, toca teatro. Neste caso, coa representación de Invisibles, unha obra baseada no texto que co mesmo título escribiu a vilagarciá Montse Fajardo.

Xa o día 25, domingo, realizarase unha andaina contra a violencia machista. Sairá á unha da praza de Galicia, onde tamén rematará. Carmen Somoza, a presidenta da Asociación de Mulleres Rurais de Cornazo, será a encargada de ler o manifesto final. A ruta desta marcha estará balizada por carteis nos que se desmontan algúns deses mitos que se han ir formando ao redor da violencia machista, como o das denuncias falsas.

Tamén no domingo terán lugar, de novo no auditorio, as primeiras xornadas contra a violencia de xénero. De 10 a 12h desenvolverase un obradoiro de detección e prevención de comportamentos e agresións machistas, e tamén para o apoderamiento da muller. Trátase dunha actividade organizada polo club Kenpo Vilagarcía e coa colaboración dá Área de Igualdade.

O Grove quere que novembro sexa un mes de reivindicación feminista. Por iso, desde principios de mes está a desenvolverse nos centros escolares un programa educativo, «Cimentando en igualdade». Ademais, o día 23, na Sala dás Cunchas, proxectarase a curta «Miña». E o 25 de novembro lerase un manifesto contra a violencia machista (ás 10h, fronte ao Concello), tras o que arrincará unha marcha pola localidade. O día 28 deste mes proxectarase «Bágoas de ouro» e abrirase un debate co seu autor. Xa o 5 de decembro presentarase o libro de Montse Fajardo, «Invisibles».

Na comarca do Morrazo máis de 150 establecementos de Bueu sumáronse á campaña "En negro contra as violencias machistas". Durante estes días os escaparates lucirán carteis en contra a violencia de xénero e o negro gañará presenza como mostra de "loito". O Centro de Información ás Mulleres (CIM) valora de maneira positiva a adhesión do pequeno comercio local xa que este ano é o primeiro no que Bueu forma parte desta iniciativa.

Os actos centrais do 25-N en Bueu celebraranse este venres, cun protagonismo especial por parte dos centros educativos. Ás 11.45 horas, diante do Concello, haberá unha concentración silenciosa para lembrar ás mulleres falecidas por culpa da violencia machista. Este acto estará organizado polo colexio Virxe Milagrosa, cuxo alumnado será tamén o encargado de representar a declaración institucional contra a violencia de xénero ás 12.00 horas no Centro Social do Mar.

Tamén Cangas tinguíu de negro durante estes días os seus escaparates e a veciñanza involucrouse activamente na campaña. O día 23 desenvolveuse no Auditorio un acto no que participaron preto de 500 alumnos dos centros educativos do Concello.

Cangas terá como acto central da campaña o día 25 de novembro unha manifestación convocada polo Conselllo de igualdade que sairá ás 12h da Praza do Concello.

Na comarca do Baixo Miño o Concello da Guarda, a través da Concellería de Igualdade e do Centro de Información á Muller (CIM), organiza varias actividades para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de Xénero. Entre as actividades programadas para este ano destacan unha actuación musico-teatral, unha barferencia, un concerto, unha campaña conxunta co comercio local, obradoiros nos centros educativos, e unha concentración pública na Praza do Reló.

As actividades en A Guarda arrancan coa implicación da meirande parte do comercio e empresas do municipio, coa proposta de vestir de loito a vila, en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia. Do 19 ao 26 de novembro, as tendas, comercios, empresas, bares, postos do mercados, etc se vestirán de negro, os manequins, os manteis dos restaurantes ou mesmo os empregados e empregadas e empresarios e empresarias tamén vestiran de negro.

A Concellería de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello da Guarda, promoven dende o mes de outubro e ata o próximo mes de decembro o «Proxecto Empatía», cunha serie de obradoiros destinados ao público infantil e xuvenil. A actuación inclúe obradoiros de habilidades e relacións sociais destinados á aprendizaxe de relacións respectuosas entre o alumnado.

O mércores 21 de novembro ás 12:30h o Centro Cultural acollerá unha actuación lúdico-musical con perspectiva de xénero do grupo de teatro Chévere “I´ll be Watching You” II (Hei estar vixiándote II). Espectáculo lúdico-musical e pedagóxico que analiza os roles de xénero que transmiten as cancións de temática amorosa.

Montse Fajardo estará o 23 de novembro no Bar Benedictus ás 20:30 dentro do ciclo de barferencias coa charla “Invisibles: falamos da violencia machista a través do relato das vítimas”, que xirará entorno ao seu libro Invisibles, relatos do maltrato.

O propio día 25 de novembro e para commemorar o Día Internacional Contra a Violencia de xénero ás 12h na Casa dos Alonso, contarase coa actuación musical de Xardín Desordenado e convidase a toda a cidadanía a tinguir a Praza do Reló de negro, en sinal de rexeitamento de todo tipo de agresións e violencia machista, apoiando ás vítimas e transmitindo as xeracións futuras o respecto á igualdade de mulleres e homes para defender unha sociedade xusta e paritaria. Para iso poden acudir con roupa, sombreiros, chuvasqueiros, paraugas…de cor negra.

Durante o mes de outubro e novembro, dende a Oficina Municipal de Igualdade do Concello de Tomiño, foron perfilando as distintas accións da campaña deste ano, contactando individualmente con establecementos da vila, e anunciando a chegada do material que será repartido por espazos privados e públicos. Esta forma de actuar responde ao obxectivo de lograr a maior implicación por parte de toda a cidadanía.

O xoves, 15 de novembro, comezouse a repartir o material polos establecementos do municipio, para chegar a todos os lugares do mesmo. Ademais, a Oficina Municipal de Igualdade do Concello de Tomiño convoca á cidadanía á Concentración e Lectura do Manifesto Contra A Violencia Machista, o venres, 23 de novembro, ás 20.00 horas, na Praza do Seixo.

A acción encádrase dentro da campaña “En Negro contra as violencias 2018”, á que Tomiño se suma por segundo ano consecutivo.

Este ano compre destacar, coma o anterior, a participación de Voces Novas, o Consello da Infancia e Adolescencia de Tomiño, que amosou un grande interés.

Na comarca do Condado a comunidade educativa das Neves manifestarase en negro contra a violencia cun acto colectivo o LUNS 26 ás 12:00 horas na praza do Concello. Durante toda esta semana traballaron en cada aula esta temática transversal elaborando unha mensaxe que se lerá na concentracion, asi como unha escenificación das 44 vítimas mortais deste ano 2018 da violencia contra as mulleres. O acto é aberto á cidadania e o Goberno Municipal convida a mostrar a repulsa colectiva fronte a esta insoportable conduta machista.

O Concello de Ponteareas a través da concellería de Benestar Social, Igualdade e Mocidade súmase á campaña En Negro contra as Violencias 2018. O goberno de Ponteareas súmase a esta campaña na que ademais de executar as accións aportará o material e o apoio técnico preciso facendo que durante uns días Ponteareas se tinga de negro cor elexida pola campaña.

A concellería convida a toda a veciñanza a vestirse de negro e a participar na concentración o venres 23 de novembro ás 12 horas diante do casa do concello (no salón de plenos en caso de choiva). O concello de Ponteareas anticípase ao día 25 para poder celebrar esta xornada de concienciación e reivindicación xunto ao alumnado do IES Val do Tea, do IES Pedra da Auga, do CEIP Mestre Ramiro Sabell, CEIP Feliciano Barrera de Guláns e CPR Santiago Apostol.

No marco deste acto entregaránse os premios aos gañadores do IV Concurso de Debuxo contra a Violencia Machista e a continuación darase lectura ao manifesto. Dúas alumnas do conservatorio municipal de música pecharán o acto interpretando unha peza de saxofón.

O Concello de Salvaterra de Miño únese, un ano máis á campaña en Negro contra a ViolenciaO Goberno local fixo un chamamento á veciñanza, comercio e empresariado, a unirse tamén a esta campaña de rexeitamento á violencia machista vestíndo de negro, tendendo roupa negra nos tendais, panos negros nos balcóns e tinguindo os escaparates en negro.

Ademais o día 23 farase a entrega dos premios do «Concurso de Slogans contra a Violencia de Xénero» organizado cos rapaces e rapazas do IES Salvaterra de Miño, nunha iniciativa que busca mobilizar á mocidade en contra da violencia de xénero. A continuación ás 12h gardarase un minuto de silencio polas vítimas da violencia machista e lerase un manifesto en defensa da libertade e rexeitamento da violencia.

Na comarca do Deza Silleda tínguese de novo de negro contra as violencias e sumar ao proxecto En negro contra as violencias machistas. A campaña de sensibilización desenvolverase do 19 ao 25 deste mes, finalizando o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Desde o Concello faise un chamamento a todas aquelas entidades, comercios, empresas ou axentes sociais que queren sumarse a esta iniciativa. Os interesados poden apuntarse nas dependencias municipais de Igualdade, no Centro de Información á Muller. Coa campaña #SilledaEnNegro, búscase tinguir a vila desta cor.

O acto central terá lugar o día 23, entre as 12.00 e as 13.00 horas. Este día a Praza dá Igrexa será o escenario, un ano máis, dunha concentración e a lectura dun manifesto contra a violencia. Ese mesmo día 23, o Concello entregará aos centros educativos de Silleda lotes de libros nos que se afrontan os problemas da desigualdade por razóns de sexo e violencia machista.

O luns 26 de novembro, no marco da campaña #SilledaEnNegro o departamento de Igualdade programou unha mesa redonda baixo o lema "O mito do amor romántico". A cita, ás 17:00 horas na Casa da Xuventude, contará coa participación de tres recoñecidas expertas. Na mesa estarán Ana Torres Jack, Martina González Veiga e tamén a ilustradora María Hesse.

Na comarca de Caldas Desde o Concello caldense búscase implicar a toda a poboación nesta campaña coa intención de tinguir de negro os establecementos comerciais de Caldas de Reis do 23 ao 26 de novembro.

Ademáis organízanse diferentes actividades así, o mércores 21 ás 11:30 no Auditorio municipal representarase o espectáculo teatral "Elisa e Marcela" para o alumnado de bacharelato e ciclos formativos. o día 23 ás 12h será o acto institucional no concello e darase lectura ao manifesto contra da Violencia de Xénero.

O domingo 25 de novembro ás 10h será o inicio da andaina "Caldas en negro" e ás 17:30 o concerto solidario da Banda de música do Conservatorio de Cambados e a banda Xuvenil da Escola Municipal de Caldas de Reis. O concerto será na Praza das Palmeiras e, en caso de choiva trasladarase ao colexio San Fermín.

O martes 27 de novembro Caldas rematará coa charla: Defensoras de dereitos. A loita das mulleres indíxenas en Guatemala as actividads enmarcadas dentro do programa Caldas en negro 2018.

Por segundo ano consegutivo o concello de Cuntis suma á campaña co obxecto de poñer sobre as axendas, coa maior contundencia posible, a violencia machista como un problema público de toda a sociedade.

Así, dende o Concello propoñen vestir de loito a vila, en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia machista e como resposta á mais dura das súas consecuencias, o asasinato, e implicar a todo o pobo de Cuntis e as súas parroquias. Deste xeito, os edificios públicos vestirán de negro e o día 23 farase unha concentración diante da Casa do Concello para ler un Manifesto conxunto.