Ver todas as novas
  • en negro contra a violencia

A Coruña en Negro contra as violencias machistas

7 de Novembro de 2016

O goberno da Marea Atlántica iniciará a finais de mes unha rolda de conversas con todas as entidades da cidade arredor da loita contra a violencia de xénero cuxas conclusións se trasladarán a un “Pacto Social por unha Cidade Libre de Violencias Machistas”. No marco do pacto social, cuxos traballos de redacción durarán seis meses, o obxectivo é elaborar un documeneto de consenso para facer fronte ás actitudes e asasinatos machistas. Comezarán nos barrios de Atochas-Monte Alto e O Castrillón. 

 

A Coruña en negro contra as Violencias Machistas

A concelleira de Igualdade e Diversidade avanzou, de cara ás actividades que terán lugar con motivo da celebración, o 25 de novembro, do Día Internacional contra as Violencias Machistas, que A Coruña se sumará á campaña En Negro contra as Violencias Machistas, xunto a Compostela -onde comezou esta iniciativa- e 14 concellos máis como son Ames, Cangas, Carballo, Ferrol, Lugo, Poio, Pontevedra, Ribadeo, Sada, Sarriá, Teo, Tui, Vilalba e Zas. A acción iniciarase o 18 de novembro, e está principalmente ligada ao comercio de proximidade. Fraga explicou que esta campaña organizada polo Concello (e que conta coa colaboración de Gadisa e a Compañía de Tranvías) terá especialmente incidencia no ámbito comercial, no ámbito da hostalería e nos mercados municipais da Coruña. Non obstante, non só estará centrada no ámbito do comercio de proximidade, senón que tamén se levarán a cabo accións de visibilización contras as violencias machistas no ámbito dos deportes, no que participan até 21 entidades, asociacións deportivas e equipos da cidade, ademais do Real Club Deportivo da Coruña.