Ver todas as novas

A campaña En Negro mantense latente durante todo o ano, pero a partir de setembro actívase con máis enerxía.

17 de Setembro de 2018

O pasado 5 de setembro mantivemos a primeira xuntanza cos concellos interesados en participar este ano, no 25N, un total de 69 persoas que representaban a 50 entidades locais –15 novos que non participaran en edicións anteriores–  ademais das deputadas de Lugo e A Coruña, Sonsoles López e Ánxela Franco.

Logo da benvida da concelleira de Igualdade do Concello de Santiago, Marta Lois, tomaron a palabra as deputadas que valoraron positivamente a participación e compromiso dos concellos nesta acción conxunta contra as violencias machistas. Unha participación que se foi ampliando grazas á implicación das deputacións en 2017, que fixeron fincapé na necesidade de mobilizar a novos concellos a sumárense á mesma, así como na importancia de construír procesos deste tipo, de abaixo cara arriba.

Neste mesmo senso, continúa Marta Lois, insistindo na necesidade da implicación institucional, e a mobilización tanto social como do tecido económico para poñerlle fin a este problema, que dalgún xeito xa conseguimos poñelo na axenda dos concellos que participan.

 

Este ano queremos chegar a cen concellos!

O reto este ano é sumar, polo menos, vintecinco novos concellos, e chegar a involucrar a 10.000 entidades locais. Para os novos concellos que se adhiran este ano, explicouse cal era a estratexia de traballo e como participar, contestando a algunhas das preguntas que xorden ao ser una campaña non convencional que busca interactuar coa cidadanía. Algunhas das preguntas están recollidas no apartado da web preguntas frecuentes.

Un dos temas consensuados foi a participación gratuíta dos concellos que teñan menos de 10.000 habitantes, iso si, terán que enviar una xustificación de gasto en materiais da campaña de non menos de 200 €.

Podes acceder aquí ás preguntas frecuentes e se queres que o teu concello participe na campaña escribenos a ennegrocontraasviolencias