En que consiste a campaña En Negro Contra As Violencias?
É unha acción colectiva de sensibilización social contra as violencias machistas. Calquera pode participar tinguindo seu comercio, lugar de traballo ou as ventás da súa propia casa de negro. Para axudar e implementar a campaña facilitámosvos unha serie de material descargable na web.
Os concellos que se adhiran deberán ter un compromiso político e técnico para espallar a acción e mobilizar a poboación e os axentes sociais e económicos para tinguir de negro as vilas e cidades galegas.
Ademais dos concellos, tamén tres das catro deputacións galegas se sumaron xa a #EnNegroContraAsViolencias. Así, as deputacións de Lugo, A Coruña e Pontevedra producirán material da campaña para os concellos participantes das súas respectivas provincias.
Como inscribir un Concello na acción?
Se queres que o teu Concello forme parte da acción ponte en contacto con nós neste correo.
A participación dos concellos nesta acción comporta asumir unha parte dos custos de coordinación, deseño e difusión da campaña, que dependerán da poboación do concello. Para os concellos de menos de 10.000 habitantes a adhesión é gratuíta, só teñen que comprometerse a implementar a campaña.
Para esta acción é importante identificar as persoas do teu Concello que consideras que poden colaborar no desenvolvemento da campaña e facer de portavoces, isto é, participando nalgúns dos foros temáticos habilitados nesta web.
Se o teu concello participa por primeira vez na campaña é necesario ademáis que envíes o logo en branco e negro vectorizado ao correo. Esta imaxe será a que se empregue na páxina web e na documentación xerada no marco da campaña.